Imaxe de cabeceira

MOVEMENTOS MIGRATORIOS
IBEROAMERICANOS

Imaxe de arquivo, neno con maletas

O Portal Movementos Migratorios Iberoamericanosé un proxecto coordinado pola Subdirección General de los Archivos Estatales del Ministerio de Cultura español, desenvolvido co obxectivo de fomentar e facilitar o acceso aos fondos documentais relativos á emigración española a Iberoamérica na época contemporánea. Ofrece un acceso libre e gratuíto a calquer usuario interesado en acceder aos documentos e imaxes dixitalizadas destes fondos.

Esta nova base de datos é froito dunha intensa labor de cooperación entre varios arquivos españois e iberoamericanos, que se irá incrementando progresivamente segundo se vaia describindo e dixitalizando a documentación de carácter migratorio que se conserva nunha e outra beira do Atlántico.

As referencias persoais dos emigrantes que aparecen neste Portal están extraídas das seguintes series documentais:

  • Listas de pasajeros y emigrantes del Consulado de España en Veracruz [Listas de pasaxeiros e emigrantes do Consulado de España en Veracruz] (Arquivo Xeral da Administración, España)
  • Expedientes de licencias de embarque a la Isla de Cuba y Puerto Rico [Expedientes de licenzas de embarque á illa de Cuba e Puerto Rico] (Arquivo Xeral de Indias, España)
  • Registro Nacional de Extranjeros en México [Rexistro Nacional de Estranxeiros en México] (Arquivo Xeral da Nación de México)
  • Solicitudes de permisos de residencia en la República Dominicana [Solicitudes de permisos de residencia na República Dominicana] (Arquivo Xeral da Nación da República Dominicana).
  • Libros de Pasajeros de Policía de Montevideo [Libros de Pasaxeiros de Policía de Montevideo] (Arquivo Xeral da Nación de Uruguai).
  • Registro de Nacionalidad del Consulado de España en Rosario [Rexistro de Nacionalidade do Consulado de España en Rosario] (Fundación Complexo Cultural Parque de España, Arxentina).

Ver vídeo de presentación

Ficha Técnica

Colaxe de imaxes